Unha precuela de Harry Potter

0
161

J.K. RowlingO segredo do que aconteceu antes de que o neno meigo Harry Potter fora á escola de Hogwarts sairá á luz o vindeiro mes, nunha inusual poxa con fins benéficos.

A escritora J.K. Rowling ven de redactar un esbozo de 800 palabras sobre o que aconteceu antes da saga de sete libros que a converteu en multimillonária, un texto que se poxará o 10 de xuño na libraría Waterstones.

O relato, que remata coa frase “Da história prévia na que non estou traballando — pero foi divertido!“, é unha das 13 pezas creadas por famosos autores, coma o novo escritor de James Bond, Sebastian Faulks, e a prémio Nobel Doris Lessing, que se poxarán no tradicional remate.

Cal é a túa história? pon-se cada vez máis emocionante, todos estes brillantes traballos de incríbeis escritores e ilustradores, cadaún unha pequena obra de arte“, dixo Gerry Johnson, director da Waterstone. “Nunca soñamos con que J.K. Rowling podería doar algo tan prezado, e estamos incríbelmente agradecidos“, engadiu.

Os cartos recadados doarán-se a institucións benéficas coma English PEN e Dyslexia Action.

Outros autores que doaron os seus traballos son Lisa Appignanesi, Margaret Atwood, Lauren Child, Richard Ford, Neil Gaiman, Nick Hornby, Michael Rosen, Axel Scheffler, Tom Stoppard e Irvine Welsh.