O regreso de Godzilla

0
198

A Legendary Pictures ven de anunciar a través dun comunicado que todo está listo para escomenzar o desenvolvemento dun novo filme baseado no lendário monstro Godzilla da Toho Studios, após de adquirir os dereitos sobre o persoaxe creado hai mais de 50 anos no filme orixinal de 1954.

A Legendary producirá a longametraxe como parte dun acordo comercial coa Warner Bros. e coa esperanza de anunciar o nome dun director en breve xa que a sua intención é poder estrear o filme en 2012.

A Toho, propietaria dos dereitos, mantívo-se viva a través de duas xeracións de películas, moitas das cales foron estreadas só en Xapón. A última vez que Godzilla saiu da illa do sol nacente foi no 50º aniversário da estrea do filme orixinal, e en 1998 Roland Emmerich fixo a versión americana, Godzilla, todo un éxito nos despachos de billetes mália as durísimas críticas dos especialistas.