Gañadores dos premios Bram Stoker 2010

0
366

No decurso da Convencion Mundial de Terror que se celebró esta pasada fin de semana na localidade inglesa de Bighton déron-se a coñecer os gañadores dos prémios Bram Stoker e outros galardóns concedidos pola Asociacion de Escritores de Terror.

Tanith Lee e James Herbert foron nomeados novos Grandes Mestres.

Basil Copper, Brian Lumley e William F. Nolan recebiron un recoñecemento a toda a sua carreira.

O prémio Presidente Richard Layman foi para Vince Liaguno.

O prémio Silver Hammer (para voluntários no seu trballo en prol da asociación) foi para Kathy Ptacek.

O premio Specialty Press foi para a editorial Tartarus Press (Ray Russell e Rosalie Parker).

E por fin, os gañadores dos prémios Stoker foron:

  • Novela: Audrey’s Door, de Sarah Langan
  • Novela debutante: Damnable, de Hank Schwaeble
  • Relato longo: The Lucid Dreaming, de Lisa Morton
  • Relato curto: In The Porches Of My Ears, de Norman Prentiss
  • Antoloxía: He Is Legend: An Anthology Celebrating Richard Matheson, de Christopher Conlon
  • Colección: A Taste of Tenderloin, de Gene O’Neill
  • Ensaio: Writers Workshop of Horror, de Michael Knost
  • Poesía: Chimeric Machines, de Lucy A. Snyder

A Asociación desvelou asemade que para o ano que ven haberá novas categorías, de millor guión, millor novela para adolescentes e millor novela gráfica.