Paul Greengrass (O ultimato Bourne, Green Zone) está en conversas para se encargar da dirección dun remke en 3D do filme Viaxe Alucinante (Fantastic Voyage) para a Lightstorm Entertainment e mais a 20th Century Fox.
O filme de ciéncia-ficción orixinal de 1966 é un clásico no que un grupo de científicos miniaturízan-se e iintrodúcen-se no interior do corpo doutra persoa para lle poder salvar a vida. Shane Salerno (Alien vs. Predator) escribirá o guión.
O plan é usar a mesma tecnoloxía 3D empregada por James Cameron en Avatar grazas aos vencellos da empresa de Cameron, a Lightstorm, e á implicación do mesmo Cameron no filme, do que será o produtor.
A elección de Greengras é toda unha sorpresa para este proxecto, por mor do seu estilo tan controvertido e do seu gusto por remexer as escenas con cámaras manuais, con planos moi curtos e edición rápida, todo o cal está totalmente en contra da nova tecnoloxía, 3D, que require plans mais longos e tomas mais xerais para evitar que os espectadores se mareen.