Alex Pettyfer é o Número 4

0
173

Alex Pettyfer (Stormbreaker, Beastly) podería ser o protagonista principal do filme I Am Number Four.

Os creadores de Smallville Alfred Gough e Miles Millar escribiron a história, que vai sobre nove alieníxenas que chegan á Terra disfrazados de adolescentes fuxindo dunha persecución no seu planeta.

O persoaxe de Pettyfer decáta-se axiña de que a súa fuga ainda non rematou porque os seus perseguidores, unha raza que lles obrigou a abandoar o seu planeta natal, está aínda detrás deles.

D.J. Caruso dirixe este proxecto, que conta coa produción nada menos ca de Michael Bay e Steven Spielberg.