Stan ainda no Captán América

570

Ainda que perdeu a oportunidade de se converter no Capitán América en The First Avenger: Captain America, o musculoso e xoven actor Sebastian Stan (das séries de televisión Kings e Gossip Girl) ainda está vencellado ao proxecto da Marvel Studios.

Múltiples fontes confirman que Stan ven de asinar un contrato para várias películas para interpretar a Bucky Barnes, o acompañante dos primeiros días do Capitán nos cómics, cando estaba de moda que todo super-heroe que se prezase tivera un axudante noviño. Nos cómics, Barnes chega a se converter no asasino soviético Winter Soldier, e mais tarde chega a sustituir ao Capitán após da morte de Steve Rogers.

Inicialmente Barnes era un orfo que descubre a verdadeira identidade do Capitán América, quen decide utiliza-lo coma o seu parceiro para loitar contra os nazis durante a Segunda Guerra Mundial. Aparentemente morre na mesma explosión do avión que levaba ao Capitán e que o deixou conxelado no Atlántico até que é descuberto moitas décadas despois.

En 2005 Barnes reaparece e sábe-se que o persoaxe fora rescatado do mar polos soviéticos. Vítima de amnésia, transplántan-lle un brazo biónico e convérte-se en asasino profesional ao servizo da Unión Soviética.

O acordo con Stan incluiría non só o filme do Capitán América senón o dos Vingadores e outros filmes da Marvel. A rodaxe do primeiro deles escomezará en Europa este verán.