Atopan nun pub o guión do derradeiro filme de Harry Potter

994

O guión altamente confidencial da primeira parte da que será a derradeira película sobre Harry Potter foi descuberto nun pub inglés despois de que supostamente o deixara esquecido a equipa de rodaxe.

O xornal sensacionalista inglés The Sun recibiu o documento de 118 páxinas, cuxa foto publicou na súa portada, por parte dun lector que o atopou nun local da vila de Kings Langley, ás aforas de Londres, que seica adoita frecuentar tamén o xoven actor que encarna ao famoso meigo, Daniel Radcliffe.

O guión corresponde á primeira parte de Harry Potter e as relíquias da morte, o filme baseado na novela homónima da autora J.K. Rowling, e que está previsto que se estree o vindeiro novembro.

A derradeira entrega da exitosa saga contará cunha segunda parte que se espera que chegue aos cinemas a mediados de 2011.

Após constatar que o guión, marcado coma “Privado e Confidencial“, revela cámbios sinificativos na história creada por Rowling, o tabloide sensacionalista mais popular do Reino Unido decidiu devolver o documento á Warner Bros, quen o “agradeceu“.

Segundo o xornal, a produtora porá en marcha unha investigación interna para ver quen se deixou o guión, despois de que diversas fontes declararan ao xornal que a equipa de rodaxe collera unha boa borracheira.