Reynolds, o poli morto

701

Ryan Reynolds está a lle coller o gusto a protagonizar filmes que adaptan o mundo do cómic á pantalla grande, porque seica ven de ser o elixido para a comédia de acción sobrenatural R.I.P.D., un cómic da Dark Horse escrito por Peter Lenkov e debuxado por Lucas Marangon.

Reynolds interpretará a un dos dous protagonistas, un xoven policía asasinado en acto de servizo e que acepta unir-se ás forzas de policía de Deus para ter a oportunidade de atrapar ao seu asasino. A acción será un día enteriro na súa nova vida e na do seu compañeiro, un pistoleiro que leva morto séculos.

Neal Moritz producirá este filme, cuxa rodaxe espéra-se que poida escomezar en xaneiro, cando Reynolds remate a súa participación no filme de intercámbio de corpos The Change Up, clasificado xa para maiores de 18 e que comeza a se rodar en outubro.