Os eidos escuros

0
148

Anna Friel está a negociar a súa incorporación ao reparto do vindeiro thriller de Neil Burger, The Dark Fields, para a Relativity Media e mais a Rogue Pictures.

Baseado na novela homónima de Alan Glynn, Badley Cooper interpreta a un escritor fracasado que proba unha nova droga supersecreta dunha empresa farmacéutica que se supón que debe desenvolver a súa intelixéncia. Axiña acada os resultados que agardaba obtér e o éxito comeza a lle chegar, pero a droga, que xa comeza a se vender, ten efectos secundários letais e duradeiros.

Friel interpretará á ex-muller de Cooper. Robert De Niro e Abbie Cornish tamén participan neste filme, que conta cun guión de Leslie Dixon e a produción de Scott Kroopf e Ryan Kavanaugh.