A hora mais escura

0
152

Olivia Thirlby (The Wackness, Juno) ven de se facer cun dos papeis principais no vindeiro filme de acción e ciéncia-ficción The Darkest Hour da Summit Entertainment e mais a New Regency.

A história vai sobre un grupo de rapaces que loitan por sobrevivir en Moscú após dunha invasión alieníxena. Thirlby interpretará a unha nena rica que tenta sobrevivir ao ataque uníndo-se a outros rapaces que queren derrotar aos invasores.

Chris Gorak (Right at Your Door) dirixe este filme cun guión de Les Bohem e Jon Spaihts que el mesmo reescribiu. Timur Bekmambetov e Tom Jacobson son os produtores e a rodaxe escomezará en Rúsia no mes de xuño.