Zemeckis fará Dark Life

0
161

Robert Zemeckis será o director do thriller de aventuras submariñas Dark Life para a Disney Pictures e mais para a axiña defunta ImageMovers.

Baseada na novela homónima de Kat Falls, a história está ambientada nun futuro post-apocalíptico onde os océanos subieron o seu nivel asulagando á civilización humana e confinándo-a nunhas poucas rexións ailladas, onde ainda fica un pouco de terra seca. Como resultado, o ambiente submariño converteu-se nunha espécie de salvaxe Oeste, con pioneiros que tentan facer-se unha vida nos lugares mais remotos.

A história céntra-se nun xoven granxeiro submariño que se une a unha rapaza da superfície que está procurando ao seu irmán perido, quen traballaba coma prospector. Xuntos tentarán deter aos foraxidos que atacan os convois do governo que transportan barcos e provisións.

Robert Zemeckis, Jack Rapke, Steve Starkey, Ellen Goldsmith-Vein e Lee Stollman serán os produtores. Ainda non está claro se o filme se rodará con acción real ou co estilo de captura de imaxes que é o selo dos últimos traballos de Zemeckis.