Finou o autor da música de Star Trek

0
240

Alexander CourageAlexander (Sandy) Courage, o compositor de cinema e televisión nominado ao Oscar coñecido sobre todo polo tema orixinal da série Star Trek, finou o pasado 15 de maio en Pacific Palisades, Califórnia, aos 88 anos de idade e após de sufrir unha longa enfermidade que o tiña maltreito dende 2005.

A fanfárria da série orixinal de Star Trek para a nave espacial U.S.S. Enterprise, composta en 1965 para o primeiro dos dous episódios piloto escoitou-se ao longo das tres primeiras tempadas da série, pero repetiu-se posteriormente nas séries dos anos 80 e 90 Star Trek: A nova xeración e nos filmes para a pantalla grande, supoñendo un dos máis salientábeis sinais de identidade de toda a saga.

Courage gañou un prémio Emmy en 1988 polos seus arranxos do especial da ABC Julie Andrews: The Sound of Christmas e recebiu nominacións ao Oscar (compartidas con Lionel Newman) pola súa adaptación da banda sonora de Na procura do amor en 1963 e Doctor Dolittle en 1967.

Nado en Philadelphia e criado en New Jersey, Courage licenciou-se pola Eastman School of Music en Rochester (New York) en 1941, e logo mudou-se a Califórnia.

Courage compuxo dúcias de temas para filmes e séries de televisión, incluindo entre as fantásticas Viaxe ao Fondo do Mar, Perdidos no Espazo e Terra de Xigantes. Pero foi a música de Star Trek a que lel deu sona e glória. Ademáis da fanfárria inicial, o tema da série e as bandas sonoras dos dous episódios piloto, Courage compuxo a música doutros catro episódios.