O que necesitas é matar

0
178

A Warner Bros. Pictures ven de se facer cos dereitos para o cinema sobre a novela do xaponés Hiroshi Sakurazaka All You Need is Kill, publicada en 2004.

A história vai sobre Keiji Kiriya, un xoven recruta enviado para loitar contra unha invasión alieníxena que se encontra atrapado nun escenário onde o mesmp día se repite unha e outra vez, morrendo no campo de batalla e resucitando ao día seguinte.

Após de cinco meses neste ciclo, decáta-se de que hai algo distinto ao seu redor: unha soldado feminina que podería ser a chave para fuxir do seu pesadelo.

O proxecto xa está en marcha e todo semella indicar que a produción podería escomezar o ano que ven. O guión xa está escrito, adaptado por Dante Harper a partir da novela orixinal.