Condon favorito para Twilight

0
170

O director gañador dun Oscar Bill Condon (Dreamgirls, Kinsey, Gods and Monsters) está a se destacar coma a primeira opción para se encargar do filme de dúas partes The Twilight Saga: Breaking Dawn, dentro do desesperado plan dos estudos por obter algo de prestíxio ou beneplácito da crítica.

Ainda que non hai nada asinado polo de agora, as negociacións lévan-se en segredo e xa houbo vários encontros entre os produtores e mais o realizador. O acordo deberá pechar-se canto antes porque a rodaxe deberá escomezar en outono. A ideia é rodar os dous filmes conxuntamente.

Condon está asemade vencellado á dirección da adaptación de Salmon Fishing in the Yemen na Fox Searchlight e mais á longametraxe que levará á pantalla grande a biografía de Richard Pryor na Sony Pictures. Se o trato cos vampiros fica pechado, ambos os dous proxectos deberán agardar.