Iron Man 2 prepara o récord

0
181

Moitos fans levan tempo queixándo-se de que a Paramount non está a facer publicidade abondo de Iron Man 2 e que os plans para escomezar unha promoción a nivel mundial durante os vindeiros meses deste filme ficaron cancelados.

Agora semella aclararse o motivo desta falta de interese. E a razón é que non fai falta algunha. Os primeiros indicadores desta secuela semellan revelar que o debut será por todo o alto e que de feito agárda-se bater o récord mundial de recadación na primeira fin de semana.

Polo de agora o filme de 2008 O Cabaleiro Escuro continúa a manter ese récord, con 158,4 millóns de dólares. O filme orixinal Iron Man recadou 98 millóns en 2008, pero a secuela do home de ferro estará moi preto da do home morcego e os produtores confían en sobrepasar doadamente as cifras da súa predecesora.

A enquisa feita pública polos estudos revela que o abraiante non é que os homes de case todas as idades estean desexando ver o filme, senón que as mulleres, normalmente pouco ou nada interesadas en filmes de superheroes, están a amosar un interese moi alto por Iron Man 2. De feito, e segundo os dados da enquisa, o único sector non interesado maiormente no filme é o das rapazas adolescentes, de menos de 18 anos.