Toxic Avenger para nenos

0
152

O mais clásico anti-heroe da Troma, O Vingador Tóxico, vai poder contar cun remake de seu grazas á Original Media e mais á produtora de televisión holandesa Endemol.

O dúo financiou a adquisición dos dereitos da franquía para realizar catro longametraxes secuela, unha série de televisión e unha série de cómics. Agárda-se que axiña se dea a coñecer o nomedos guionistas que se ocuparán deste traballo.

O orixinal, un clásico do cinema camp, vai sobre Melvin, o rapaz encargado da limpeza no ximnásio de Tromaville, que un día é mergullado por accidente nun caldeiro de lixo tóxico. Transformado no deforme superheroe Toxie, causará o terror entre os contaminadores de New Jersey e namorará ás mulleres grazas aos seus músculos.

O remake tentará ser unha comédia apta para todos os públicos que reinvente a Toxie coma un superheroe ecolóxico para os tempos actuais de compromoiso co médio ambiente e que se asemelle ao filme de Jim Carrey de 1994 A Máscara.

Akiva Goldsman, Richard Saperstein e Charlie Corwin serán os produtores.