O pasado sábado 3 de novembro, no decurso da cea de gala da HispaCon 2007, que tivo lugar estes días na cidade de Sevilla, déron-se a coñecer os gañadores dos Prémios Ignotus, os galardóns que organiza a Asociación Española de Ciéncia-Ficción, Fantasía e Terror e que son votados polos seus membros e polos asistentes ao congreso estatal español. Estes foron os vencedores:
- Millor Novela: Juglar, de Rafael Marín
- Millor Novela Curta: Gel azul, de Bernardo Fernández
- Millor relato: Son de piedra, de Rafael Marín
- Millor artigo: Ciencia ficción ¿Qué es?, de Alfonso Merelo
- Millor libro de ensaio: El universo de la ciencia ficción, de Sergio Gaut vel Hartman
- Millor antoloxía: Axiomático, de Greg Egan
- Millor ilustración: Capa de Factor PSI, de Alfonso Seijas
- Millor produción audiovisual: O labirinto de Pan, de Guillermo del Toro
- Millor cómic: La legión del espacio, de Alfredo Álamo-Fedde
- Millor obra poética: Poe, de Alfredo Álamo
- Millor revista: Vórtice en línea
- Millor novela estranxeira: Leyes de mercado, de Richard Morgan
- Millor conto estranxeiro: Aprendiendo a ser yo, de Greg Egan
- Millor sítio Web: El sitio de Ciencia Ficción, de Fco. José Suñer Iglesias
No decurso da mesma cerimónia concedeu-se o Prémio Gabriel, outorgado pola xunta da AEFCFT e que nesta ocasión recaiu na escritora alacantina residente en Áustria Elia Barceló.