A secuela de Tron Legacy

0
188

Ainda que a segunda parte nin se estreou, a Disney Pictures xa está a preparar a secuela de Tron Legacy. Eddy Kitsis e Adam Horowitz, que escribiron o guión do filme, están xa a traballar na secuela que redondee a série nunha triloxía.

Non hai ningún acordo cos actores nin co director Joseph Kosinski para que regresen, ainda que nos seus contratos xa se indicaba que caso de haber unha secuela, deberían contar con eles.

Tron Legacy, que xa é de por si unha secuela do clásico de culto de 1982 Tron, ten como protagonista a Sam Flynn, un programador de 27 anos interpretado por Garrett Hedlund e que está a investigar a desaparición de seu pai, o mesmo que no filme orixinal fora transportado ao cibermundo de Tron, onde os programas e os xogos loitaban entre si no interior dun computador governado por unha forza malévola.

Tron Legacy estreará-se en formatos 3D, 2D e IMAX 3D o vindeiro 17 de decembro.