Yelchin en Fright Night

0
195

Anton Yelchin está en conversas para protagonizar o clásico de culto do cinema de vampiros de 1985 Fright Night.

Yelchin faría o papel do persoaxe principal, Charley Brewster, interpretado por William Ragsdale no filme orixinal. A história, xa coñecida, é a dun rapaz que está convencido de que o seu novo veciño é un vampiro, e para derrota-lo recruta a axuda dun antigo actor de filmes de terror reconvertido en presentador de programas da televisión.

Craig Gillespie (Lars and the Real Girl, Mr. Woodcock) está asemade en conversas para dirixir o filme, que xa conta co guión do veterán de Buffy Cazavampiros Marti Noxon, mentres que Mike De Luca e Alison Rosenzweig serán os produtores.