Adéus deuses, óla inmortáis

0
193

Non demasiado abraiante resulta a nova de que a vindeira produción da Relativity Media, o filme épico mitolóxico grego War of Gods (A Guerra dos Deuses) queda diferenciar-se da recente Clash of the Titans e mude o seu título a Immortals, segundo un comunicado de prensa feito público onte pola produtora, a Universal Pictures.

O veterán John Hurt e mais a guapa Isabel Lucas son as últimas incorporacións ao plantel de actores que dará vida aos deuses e aos homes liderados polo xoven guerreiro Teseo (Henry Cavill), o home que entra en batalla cos deuses inmortais para derrotaren xuntos aos malvados deuses primixénios, os Titáns, para salvaren á humanidade.

Hurt interpretaría á encarnación terrestre de Zeus, que é o mentor de Teseo. Pola súa banda, Lucas será a deusa Atenea. Stephen Dorff, Luke Evans, Kellan Lutz, Joseph Morgan, Freida Pinto e Mickey Rourke tamén están xa no reparto.

Tarsem Singh dirixe este filme, que comeza a se rodar a finais desta semana en Montreal. A estrea está prevista para o 11 de novembro de 2011 (ou sexa, o 11-11-11).