Os barquiños ao cinema

645

Taylor Kitsch (X-Men Origins: Wolverine, The Covenant) será o protagonista do filme que transformará a popular liña de xoguetes da Hasbro Battleship nunha longametraxe de aventuras e acción para a Universal Pictures.

O xogo orixinal é un calco do popular xogo dos barquiños de toda a vida, así que o filme deberá ter algo mais que contar, polo que de feito o seu argumento vai sobre unha batalla naval xigantesca, que tamén ten acción no aire e en terra e que enfrontará ás forzas armadas do noso planeta contra unha armada alieníxena.

Kitsch interpreta a un comandante naval de “espíritu libre” chamado Alex Hopper que é moito mais un mariño ca un político. Jeremy Renner estivo anteriormente vencellado ao papel.

Jon e Erich Hoeber escribiron o guión. Peter Berg, que é produtor executivo na série Friday Night Lights na que aparece tamén Kitsch, é o director.