T5 cunha série futurista

0
173

A produtora BocaBoca está a desenvolver unha série de acción futurista para Telecinco. Tráta-se dun proxecto de ciéncia-ficción que levará á cadena a deixar o presente das comédias clásicas españolas para afondar en tramas futuristas. O borrador do proxecto, xa aprobado polo novo director de ficción de Telecinco, David Martínez, ten como eixo central unha fortaleza infalíbel suspendida no espazo, na órbita da Terra. O argumento seica estaría centrado ao redor desta prisión espacial.

O proxecto está ainda en fase de desenvolvemento. De feito agárda-se que nas vindeirassemanss a produtora presente o guión da série á cadea, e daquela será cando Telecinco decidirá se lle convence o argumento ou se solicita un novo xiro. Até ese intre descoñecerá-se o rumbo que finalmente tomará a série.

En calquera caso a estrea das novas séries de Telecinco non se producirá coma moi cedo até o vindeiro outono.