O director español Juan Carlos Fresnadillo dirixirá ao actor Clive Owen e mais a Daniel Brühl no thriller de terror Intruders, un filme rodado en inglés pero financiado pola canle de televisión Antena 3 e mais pola Universal Pictures International.

O tinerfeño contará cun guión de Jaime Marques e Nico Casariego, cuxa história ainda non está moi definida pero seica céntra-se nunha nena de once anos que é forzada a se enfrontar aos seus demos interiores.

A rodaxe escomezará en xuño en Londres e Madrid. Enrique López Lavigne, habitual produtor de Fresnadillo, financiará a obra a través da Apaches Entertainment xunto a Belén Atienza. A Universal Pictures encargará-se da distribución internacional da obra.

Fresnadillo debutou no mundo do cinema con Intacto (2001), unha longametraxe que foi gañadora dos prémios Goya ao actor revelación (Leonardo Sbaraglia) e ao millor director novel. O seu último traballo cinematográfico foi a fita de terror 28 Weeks Later (2007), a segunda parte de 28 Days Later, de Danny Boyle.