O Capi terá á súa Eve

0
195

A actriz inglesa de 28 anos Alice Eve (She’s Out of My League, Sex and the City 2) é a principal candidata para interpretar a Peggy Carter no vindeiro filme de superheroes The First Avenger: Captain America da Marvel Studios.

Tanto Eve coma a súa compatriota Hayley Atwell (The Prisoner, Brideshead Revisited) pasaron hai pouco por unha segunda proba de cásting esta semana en Londres baixo a supervisión dos produtores do filme. O papel tivera non hai moito como candidata a interpreta-lo a Keira Knightley, pero seica esa xa non é unha opción que segan a manexar nos estudos.

Nos cómics, Margaret “Peggy” Carter é unha rapaza que loitou na resisténcia francesa contra os nazis na Segunda Guerra Mundial e que axudou ao Capitán América en várias operacións.

Quen queira que ao final se faga co papel unirá-se a Chris Evans, que será o protagonista no papel de Steve Rogers e a Sebastian Stan, que será James “Bucky” Barnes. O filme comezará a súa fase de produción este mesmo verán e a estrea está prevista para xullo de 2011.