Pode que a semana santa pasara xa hai uns días, pero agora chegan novas doutra resurrección, e esta pode que si que sexa de verdade: a agardada adaptación do videoxogo da XBox Halo ao cinema.
A última vez que se intentou levar ao cinema o popular videoxogo da Microsoft, o proxecto contaba con Neill Blomkamp (District 9) como director e a Peter Jackson na produción. Nombergantes, todo ficou paralizado por mor do orzamento, que comezou a se disparar alén do que se previu como aceptábel nun primeiro intre.
Agora o director de desenvolvemento da Microsoft Game Studios, Frank O’Connor, confirmou que “imos facer un filme no intre axeitado. Somos os propietários dos dereitos de autor. Se queremos facer un filme, a escala de todo o demais que facemos mudará dramáticamente“.
O principal desacougo nestes intres para Microsoft seica é que o movemento de facer o filme non carece de repercusións: “Facemos decenas e decenas de millóns de cólares en material complementário, xoguetes, aparellos, música e libros. Se facemos un filme todo iso medrará exponencialmente. Temos algúns números se facemos unha película, pero iso mudará-o todo. Tamén mudará a nosa audiéncia e o noso obxectivo demográfico“.