Mike Finch e Alex Litvak (Predators) serán os guionistas dunha nova adaptación ao cinema da clásica liña de xoguetes da Mattel e debuxos animados Os Masters do Universo para a Sony Pictures.
Tal e coma se agardaba o filme tratará sobre o príncipe guerreiro He-Man e as súas batallas contra o malvado Skeletor no máxico mundo de Etérnia.
A versión de Finch e Litvak tentará “pór equilíbrio a un tratamento que convenza aos estudos e manteña satisfeita á compañía xogueteira de que os seus persoaxes son tratados axeitadamente“, segundo a nota da produtora, na que participan Todd Black, Jason Blumenthal e Steve Tisch.
O último intento de poñer a He-Man na pantalla grande foi por parte da Warner Bros. Pictures en 2007 e pasou polas mans de moitos guionistas. Durante un tempo John Stevenson (Kung Fu Panda) estivo vencellado á dirección, pero finalmente a Mattel retomou os dereitos após de non ficar convencida do tratamento que a Warners pretendía dar-lle ao seu heroe.
A Fox 2000 tentou tamén facer unha versión coa dirección de John Woo en 2004 pero nunca pasou de ser un proxecto.