Nace o Proxecto X

0
131

O director de The Hangover, Todd Phillips, e mais o produtor Joel Silver formarán equipa no novo filme Project X, que contará cun orzamento de 12 millóns de dólares na Warner Bros. Pictures e estará calificado para adultos. O reparto estará formado completamente por actores descoñecidos. Phillips e Silver serán os produtores, mentres que a novata Nima Nourizadeh fará o seu debut na dirección deste filme. Matt Drake escribiu o guión e a rodaxe comeza o 14 de xuño en Los Angeles.