Hirsch vai-se a Moscú

0
161

O actor Emile Hirsch ven de se unir ao reparto do vindeiro thriller ruso de invasión extra-terrestre, The Darkest Hour, un filme que conta cun orzamento de 40 millóns de dólares e que producirán a New Regency e mais a Summit Entertainment.

A história xira ao redor dun grupo de rapaces que loitan por sobrevivir nun Moscú invadido polos áliens. Olivia Thirlby interpretará a unha rapaza rica que se une ao grupo para derrotar ao extra-terrestres.

Chris Gorak (Right at Your Door) dirixe cun guión de Les Bohem e Jon Spaihts.

Timur Bekmambetov e Tom Jacobson están na produción. A rodaxe escomeza en Rúsia en xuño.