Mais actores piratas

0
222

Stephen Graham (Public Enemies, Damned United), Sam Claflin (da série de TV The Pillars of the Earth) e Max Irons (Dorian Gray, Being Julia) veñen de se unir todos ao reparto de Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides para a Disney Pictures.

Graham interpretará a un pirata chamado Scram, mentres que os detalles sobre os papeis do resto dos actores ainda está por se determinar.

O trío úne-se asemade a un reparto no que xa figuran Johnny Depp, que regresa ao seu papel de capitán Jack Sparrow e Geoffrey Rush coma o capitán Barbossa. Ian McShane e Penélope Cruz tamén protagonizarán o filme nos papeis do infame pirata Barba Negra e da súa filla, respectivamente.

Ademais, a actriz francesa Astrid Bergès-Frisbey (Bruc e La Première Étoile) interpretará a unha serea chamda Syrena, que terá un encontro con Jack Sparrow.

O filme, que dirixirá Rob Marshall, comeza a se rodar este verán e ten como data de estrea o mes de maio do ano que ven.