Todd Lincoln dirixirá e será o produtor executivo da vindeira adaptación ao cinema do cómic Danger Girl.
Lincoln ven de rematar o seu traballo á fronte do thriller sobrenatural The Apparition con Ashley Greene e Sebastian Stan. Ademais é o autor dun guión baseado no cómic Hack/Slash para os produtores Adrian Askarieh e Daniel Alter, quen tamén producirá Danger Girl.
Pola súa banda, o produtor Neal Moritz confirmou que Sam Mendes abandoa definitivamente a dirección da adaptación ao cinema do cómic Preacher, debido aos seus compromisos á fronte da vindeira entrega da saga de James Bond.
Moritz afirmou que están xa a falar con outro directo que retome o proxecto e así poder escomezar a rodaxe na data sinalada, o ano que ven.