A paga da pantasma

0
167

Dennis Iliadis (The Last House on the Left) dirixirá o vindeiro thriller sobrenatural Pay the Ghost para a Sidney Kimmel Entertainment.

Baseado nun relato do escritor Tim Lebbon, a acción transcurre durante un Halloween xusto un ano despois de que o novo fillo dunha parella fora misteriosamente secuestrado.

A parella escomeza a sentir a súa presenza, o que lles levará a unha terrorífica viaxe a través de New York, e no decurso da cal descubrirán antigos segredos.

Dan Kay escribiu o guión, mentres que Sidney Kimmel, Mark Gordon, Jordan Wynn e Ian Levy serán os produtores. A rodaxe escomezará este mesmo verán.