As Crónicas do Imaxinário

0
181

O guionista Travis Adam Wright (Eagle Eye) é o elixido para escribir as adaptacións dos primeiros dous libros da série de fantasía do autor James A. Owen The Chronicles of the Imaginarium Geographica para a The Gotham Group.

O primeiro tomo é Here There Be Dragons, e está ambientado durante a Primeira Guerra Mundial. Nel, un asasino reúne a tres profesores de Oxford e lles confía un atlas que contén as localizacións xeográficas de todos os lugares onde aconteceron os mitos e as fábulas.

Só sete barcos son capaces de viaxar entre ambos mundos, e coa axuda dun cuarto home, axiña porán-se en marcha e viaxarán polo Arquipélago dos Soños, onde Mordred, o rei do Inverno, ameaza o destino de todos os mundos. Tamén se revela que os catro homes converterán-se en escritores de sona.

O segundo libro, The Search for the Red Dragon, comeza cunha vaga de nenos secuestrados e a desaparición de todos os drakkars. Así escomeza unha busca para atopar o derradeiro dos drakkar, unha viaxe que os levará dende Nunca Xamais até os nove círculos do Inframundo.

Rick Porras será o produtor das adaptacións ao cinema.