Atwell no Capitán América

0
198

A Marvel Studios ven de anunciar que finalmente será a actriz Hayley Atwell a que interprete a Peggy Carter na agardada vindeira produción dos estudos, Captain America: The First Avenger.

Nos primeiros cómics da série, Peggy Carter era a namorada do Capitán América (Chris Evans) mentres ambos loitaban xuntos na Segunda Guerra Mundial. O persoaxe deberá pasar por unha adaptación xa que ten moito que poñer ao día.

En anteriores informacións, Emily Blunt era a principal candidata, pero rexeitou o papel, polo que este ficou pendente dunha decisión entre Atwell e mais a Alice Eve. A actriz británica finalmente foi a desbotada.

A Atwell puidemos ve-la en filmes coma The Duchess, Brideshead Revisited, Cassandra’s Dream e mais na recente minisérie remake de O Prisioneiro.