Os Vingadores teñen director

657

O creador de Buffy Cazavampiros e de Serenity, Joss Whedon, conta con todas as cartas para se converter no encargado da realización do filme de superheroes The Avengers para a Marvel Studios e mais a Paramount Pictures.

O nome de Whedon fora xa mencionado en distintos rumores que corrían pola Rede dende hai semanas. A rodaxe debe dar comezo o ano que ven e a data de estrea é o 4 de maio de 2012.

Mentres tanto, dous dos superheroes que protagonizarán este filme terán oportunidade de aparecer un pouco antes noutras duas longametraxes. Unha escena co Capitán América e mais Thor aparecerá despois dos títulos de crédito de Iron Man 2, xusto coma Nick Fúria apareceu nunha escena ao remate do filme de 2008 Iron Man.

Será posíbel ver daquela aos dous musculosos Chris (Chris Evans e Chris Hemsworth) cos seus uniformes? É pouco probábel, xa que o que se di é que a escena é “sobre” eles, non que vaian aparecer na pantalla en absoluto.