Mais de Peterson ao cinema

0
199

O guionista David Paterson adaptará ao cinema unha novela fantástica escrita pola súa nai Katherine titulada The Flint Heart para a Bedrock Studios e mais a Arcady Bay Entertainment.

A acción vai dende a Idade de Pedra até a Inglaterra contemporánea e vai sobre un amuleto máxico que outorga poder e desesperación a todos aqueles que o tocan. O proxecto contará con actores de carne e óso pero con moitos efectos especiais.

Esta non é a primeira vez que Paterson adapta unha novela de súa nai, porque anteriormente xa fixera o mesmo con Unha ponte a Terabithia, convertida nunha exitosa película para toda a família pola Disney e a Walden Media.