Copley segue entre áliens

0
176

O protagonista de District 9 Sharlto Copley está en conversas para se unir á adaptación ao cinema da novela de ciéncia-ficción I Am Number Four pola DreamWorks Pictures.

Baseada na saga de novelas de James Frey e Jobie Hughes, a história vai sobre nove áliens que están fuxindo e chegan á Terra camuflados coma adolescentes. O persoaxe principal (Alex Pettyfer) decáta-se axiña de que a raza inimiga de áliens que os obrigou a fuxir do seu planeta está ainda a persegui-los.

Copley interpretará a un antigo funcionário alieníxena que se converte no gardián e mentor adulto do álien número 4, o protagonista do filme.

D.J. Caruso dirixe a partir dun guión de Al Gough e Miles Millar. Michael Bay e Steven Spielberg son os produtores.