O Hobbit pode ser escocés

0
180

James McAvoyO director Guillermo del Toro e mais o produtor Peter Jackson seguen dándo-lle voltas ao reparto d’O Hobbit, adaptación da homónima obra de Tolkien que comezará a se rodar o próximo ano e que se dividirá en dous filmes.

O último rumor asegura que o personaxe principal do filme, Bilbo Bulseiro, poderia ser interpretado polo actor escocés James McAvoy, a quen axiña veremos en Wanted con Angelina Jolie e puidemos ver, por exemplo, en Expiación.

Segundo o xornal inglés Daily Mail hai outros candidatos, entre os que se atoparían Daniel Radcliffe ou Jack Black, pero o candidato principal é McAvoy, xa que é o favorito tanto de Jackson como de Del Toro.