A Paramount Pictures está a planear o relanzamento cinematográfico do heroe dos debuxos animados Mighty Mouse, ao que coñecemos en Galiza coma o Super Rato.
Ainda que no pasado vários guionistas xa tentaron chegar a unha adaptación ao cinema, os estudos están á procura dun novo escritor e director que sexa alguén de éxito e que se encargue do filme.
Orixinado coma un super-rato loitador contra o crime nos anos 40, coma xeito de satirizar ao popular Superman, o persoaxe fixo-se famoso grazas á série de debuxos animados que se emitiu na televisión durante tres décadas até finais dos anos 80.
En todo caso, a estrea non se produciría até 2013.