De Perdidos á gala

0
206

Cando falla pouco mais dun mes para o agardado final da série Lost, Carlton Cuse, ún dos produtores da mesma, publicou no seu Twitter que un privilexiado grupo de seguidores terá a honra de ver en primícia o antederradeiro episódio da derradeira tempada temporada.

Cuse aproveitou o seu espazo de microblogging, no que conta con máis de 40.000 seguidores, para anunciar que a equipa de produción realizará unha gala benéfica na Universidade de Califórnia Los Angeles (UCLA) na que se exhibirá en exclusiva o antederradeiro capítulo de Lost, que será un dos episódios claves da série.

A gala, que segundo conta Cuse celebrará-se o 13 de maio no Royce Hall da UCLA baixo o nome de Lost Live: The Final Celebration, estará amenizada con música en vivo, dirixida por un dos compositores da banda sonora orixinal, o gañador dun Oscar Michael Giacchino.

As entradas ainda no están á venda, pero quen teñan a sorte de adquiri-las deberán aceptar as esixéncias de confidencialidade da equipo que prohibe a filtración dos detalles do episódio clave en páxinas da Internet.

O grande remate dunha das sagas mais aclamadas de todos os tempos está programado para o 23 de maio nos Estados Unidos, e podería emitir-se en Galiza simultáneamente grazas á canle española Cuatro.