Mais coma Pandora

0
185

James Cameron ven de dar algunhas pequenas pistas respeito de até onde pensa levar a franquía de Avatar na súa vindeira entrega.

Tal e coma se dixera previamente, poderemos esperar ver mais dous outros planetas do sistema onde está Pandora. Pero podería non ser tan axiña coma se agarda.

Cameron dixo que “creamos un lenzo moi amplo para o desenvolvemento do filme. Iso non é só en Pandora, senón por todo o sistema de Alpha Centauri AB. E nos expadiremos por todo ese sistema e incorporaremos mais á história, non necesáriamente no segundo filme, senón mais cara a un terceiro filme“.

Daquela, cara a que se enfocará a segunda longametraxe? “Xa anunciara isto, así que podo deci-lo tamén: parte do meu enfoque no segundo filme será crear un contorno distinto dentro de Pandora. E vou enfocar-me no océano de Pandora, que será igualmente rico e diverso e tolo e imaxinativo, pero non será un bosque tropical. Non estou dicindo que non miraremos o que xa miramos antes; miraremos mais diso tamén“.

Cameron está a traballar arestora na incorporación de seis minutos adicionais que foran eliminados da metraxe que sepuido ver nas pantallas de cinema e que regresarán na re-estrea de agosto. Mentres, ainda que a versión en 2D chegará ao mercado de DVD e Blu-Ray esta semana nos Estados Unidos, a versión extendida en catro discos Blu-ray/DVD non estará dispoñíbel até o mes de novembro.