Nick Fúria co Capitán

615

Samuel L. Jackson ven de lle confirmar á prensa que o persoaxe so que interpreta, Nick Fúria, estará no filme do Capitán América pero non no de Thor.

E preguntado sobre por que non estará en Thor, Jackson respondeu con franqueza que “non teño nin ideia. Non son o responsábel de tomar tales decisións“. E cando lle cuestionaron verbo dunha posíbel película adicada só a Nick Fúria, Jackson dixo que o filme de superheroes conxunto Os Vingadores será de feito “o meu próprio vehículo coma protagonista para ese persoaxe, realmente si“.

Finalmente o actor dixo que está a se poñer en forma para a rodaxe d’Os Vingadores, que escomezará a se facer no vindeiro mes de febreiro do ano que ven. Jackson está chamado para se incorporar á rodaxe do Capitán América en Londres este verán.