Venres 13, asasinada

0
193

O produtor da Platinum Dunes Brad Fuller ven de confirmar que a secuela do filme Venres 13 do ano pasado foi esencialmente esquecido.

Ao respeito do seu estatus, Fuller mencionou na súa conta de Twitter sobre o proxecto que “está morto, non vai acontecer” e mais tarde comentou á prensa que “agora mesmo non hai nin o mais mínimo movemento para facer Venres 13 Segunda Parte“.

Os comentários veñen a lle botar un xerro de auga fría e desbotan por completo as novas que o ano pasado mencionaban que após do relanzamento da saga, que recadou uns aceptábeis 91 millóns de dólares en todo o mundo, podería haber unha segunda parte, para a que os voceiros da Platinum tiñan un guión preparado. Mesmo falába-se de agosto deste mesmo ano para o comezo da rodaxe que xa nunca se levará a cabo.