Ainda hai Guerra Mundial Z

0
170

Ainda que hai vários filmes de zombis en proxecto ou xa en marcha nestes intres, había moitos temores de que unha das mellores posibilidades que teñen os non-mortos de aparecer nas pantallas grandes, a adaptación do best-seller de Max Brooks World War Z, se viñese abaixo.

Os rumores apuntaban de feito ara a un atranco da produción, que escomezara o seu desenvolvemento hai uns meses, e que se detivese para sempre. Pero iso non é o que opina o autor.

A Paramount ven de renovar os dereitos sobre World War Z, pola metade do tempo e polo dobre dos cartos, así que iso indica interese“, dixo Brooks nunha recente entrevista. “Ainda temos ao noso director, Marc Forster, que está desexando escomezar. Estamos todos a agardar polo novo guión de Matt Carnahan, que deberá entregar nun mes mais ou menos“.

Brooks dixo que parte das dúbidas veñen polo caro que resulta levar ao cinema un apocalipse global. “Non podes facer unha World War Z barata e mala. É unha guerra mundial, e coido que iso pon nervosos aos executivos dos estudos. Coido que limita as súas opcións, así que iso xoga na súa contra“.