Palmer é a número 6

0
169

A actriz australiana Teresa Palmer (The Sorcerer’s Apprentice, Mad Max: Fury Road) é a última incorporación ao reparto de actores que interpretarán o filme I Am Number Four para a DreamWorks Pictures.

Baseada na saga de novelas de James Frey e Jobie Hughes, a história vai sobre nove áliens que fuxen á Terra disfrazados de adolescentes. O persoaxe central (Alex Pettyfer) axiña decáta-se de que a raza inimiga de áliens da que están a fuxir e que lles obrigou a abandoar o seu planeta natal está aainda atrás deles cazándo-os.

Palmer interpretará á Número 6. Sharlto Copley asinou recentemente para ser o gardián adulto e mentor do Número 4 (Pettyfer).

D.J. Caruso dirixe este filme, que conta cun guión de Al Gough e Miles Millar. Michael Bay e Steven Spielberg son os produtores.

A estrea está prevista para o 18 de febreiro de 2011.