Bryce Dallas en Terminator

0
168

Bryce DallasA actriz Charlotte Gainsbourg non será, finalmente, a muller de John Connor en Terminator Salvation: The Future Begins, como semellaba seguro. O papel será, definitivamente, para Bryce Dallas, que sustitúe a Gainsbourg tras ter ésta, ofícialmente, problemas de axenda.

Bryce Dallas Howard interpretará polo tanto a Kate Connor, personaxe que apareceu por primeira vez en Terminator 3 e que fora interpretado por Claire Dans.

Bryce Dallas Howard, filla do director Ron Howard, destacou en dous filmes de M. Night Shyamalan: O bosque e A xove da auga, ademais de polo seu papel secundário como Gwen Stacy en Spiderman 3.

O director de Terminator Salvation, McG, xa comezou a desvelar dados do filme, cuxa rodaxe comezou en New Mexico. A estrea da fita está prevista para o 22 de maio de 2009.