Anteriormente adiada dende o verán a decembro, a estrea da comédia da Sony Pictures The Green Hornet ven de sofrir un novo atraso que a leva até o 14 de xaneiro de 2011.
A razón semella ser o converter o filme a un formato en 3D. O tempo extra servirá para que os produtores pasen a versión orixinal, rodada en formato normal en dúas dimensións, ao novo e mais espectacular en 3D, escena por escena, e asi mesmo valerá para que os estudos dispoñan dunha fin de semana mais para ter dispoñíbeis mais salas de cinema dispostas a proxectar o filme en 3D.
Este troco de datas,dende o mais produtivo mes de nadal até o menos competitivo xaneiro, xusto na fin de semana de Martin Luther King nos Estados Unidos, xa produciu todo tipo de rumores en Hollywood, onde seica din que o movemento está a se utilizar para reescribir e mesmo volver a rodar várias escenas moi salientábeis do filme, así coma corrixir escenas de acción que non sairon todo o ben que se desexaba.
Outro filme que tamén se pasa a 3D será o novo de M. Night Shyamalan The Last Airbender, grazas á empresa Stereo D que xa fixo o mesmo traballo en Avatar. Neste caso, nombergantes, non haberá atrasos nin adiamentos debidos á conversión, así que a data do 2 de xullo de 2010 fica en pé paraa estrea.