Eisner escapa de NY

0
207

Breck Eisner (The Crazies, Sahara) será o director do remake de Escape From New York para a New Line Cinema.

Baseada na clásica fita de ciéncia-ficción de 1981 de John Carpenter, a história vai sobre o convito Snake Plissken, un ex-preso que deberá levar a cabo unha arriscada misión de rescate: sacar ao Presidente dos Estados Unidos dunha illa de Manhattan convertida en prisión de máxima seguridade após de que o seu avión se estrela-se dentro dos seus muros.

Allan Loeb escribiu a versión mais recente do guión, combinando a liña argumental do filme orixinal cunha nova história que narrará as orixes do persoaxe de Snake. Os estudos ainda teñen coma data de lanzamento o ano que ven.