Actores para Carrapuchiña

0
192

O actor-modelo Max Irons ven de asinar para participar, mentres que Gary Oldman e Julie Christie ainda están en conversas para entrar no reparto de Girl With The Red Riding Hood para a Warner Bros. Pictures.

Este xiro do clásico conto de fadas dos irmáns Grimm é unha nova versión de Carrapuchiña Vermella, interpretada por Amanda Seyfried nunha vila medieval ameazada por un lobishome.

Christie sería a aboa da rapaza, que adoita facer calceta cun par de agullas de prata. Irons será o fillo dun ferreiro que está namorado da rapaza. Pola súa banda, Oldman sería o pai Soloman, un cura cazador de bruxas encargado pola Inquisición para atopar e matar ao lobishome.

Shiloh Fernandez tamén está xa no reparto. Catherine Hardwicke (Twilight) será a directora, mentres que Leonardo DiCaprio, Julie Yorn e Jennifer Davisson son os produtores.