Cando xa medraches e chegaches todo o alto ao que podías aspirar, din que a chave da lonxevidade é non tentar seguir medrando senón ir nunha dirección totalmente oposta.
Así que unha vez que o seu seguinte filme de grande orzamento, Os Vingadores, remate de se rodar, a Marvel Studios ten a intención de seguir por outra vía, a de comezar a facer filmes con presupostos pequenos ou moderados, baseados en persoaxes menores ou menos coñecidos.
Así, persoaxes coma o Dr. Strange, Luke Cage, Dazzler etc. que non son recoñecidos por ningén agás polos afeccionados aos cómics (o contrário ca Spiderman ou a Patrulla X, da que moitos que nunca leron os seus comics xa oiran falar con anterioridade) terán a súa oportunidade de aparecer na pantalla grande e de acadar un óco entre o público. E é que realmente a ideia de gastar unha chea de cartos en filmes sobre persoaxes que non todo o mundo coñece non é a mais axeitada no mundo dos negócios.
A decisión semella intelixente e así a Marvel pretende rebaixar os seus orzamentos para cada filmek e poñe-los ao redor dos 20 ou 40 millóns de dólares. O sistema evitará os riscos de fracasos e permitirá facer vários filmes simultáneamente, producindo a un ritmo moi superior.
O millor de todo é que os directores poderán permitir-se o luxo de tomar mais riscos cos persoaxes, seren mais creativos e utilizar o material dun xeito no que até agora nunca tiveran a oportunidade. A parte malaé que obviamente filmes adicados a persoaxes coma os de Kick Ass ou en filmes coma Punisher: War Zone, que non teñen interese para o grande público, non obterán nunca grandes benefícios.
Agárda-se que esta nova liña de acción por parte da Marvel se dea a coñecer no decurso da vindeira Comic-Con.