EN BREVE 13. Apr 2021 O inglés Joe Cornish , o realizador responsábel de Attack the Block e The Kid Who Would Be King , será o guionista e director da longamente xestada adaptación ao cinema para a 20th Century Studios de série de cómic Starlight , creada por Mark Millar (Kingsman , Kick-Ass ). A história vai sobre o heroe intergaláctico Duke McQueen, que despois de asentar-se e formar unha família é chamado para unha derradeira aventura no seu vello foguete.
01. Apr 2021 O escritor George R.R. Martin está a desenvolver unha adaptación ao teatro musical da súa obra A Song of Ice and Fire , que presentará aos persoaxes cando eran mais novos, no lendário grande torneio de Harrenhal, un concurso de dez días que tivo lugar dezaséis anos antes dos acontecementos de Game of Thrones e que levou ao derrocamento da dinastía dos Targaryen. Martin está a traballar xunto ao libretista Duncan MacMillan e o director Dominic Cooke .
26. Mar 2021 Ron Livingston (Office Space , The Conjuring ) será o novo Henry Allen, o pai de Barry, no filme The Flash da Warner Bros. Pictures. Livingston substitúe a Billy Crudup , quen abandonou o proxecto hai unas semanas. No papel do neno Barry Allen, Ian Loh úne-se tamén ao elenco, no que entran asemade Saoirse-Monica Jackson e Rudy Mancuso . Andy Muschietti dirixe a partir dun guión de Christina Hodson .